Narci Rodriguez Narci Rodriguez
Menu

Discografía

Inmersión no baleiro cuántico

dA Trio - Inmersión No baleiro cuántico
Release Date: 25 de January de 2021
Available now on:
Loading tracks...

De forma inexorable estás abocado a esta inmersión, este mergullo de posibilidades onde podes atopar o que procuras ou achar o inesperado.

Xa nada é normal, común, obvio ou superfluo, senón que todo é singular, único, atemporal e por suposto volátil.

Cada átomo de silencio é unha posibilidade de atopar ou perder o non sabemos que. O son interfire contigo en fraccións de segundos de xeito imperceptible, incomprensible e descaradamente. Pero, aínda así, ti es consciente desas interferencias, desas liñas que trazas entre as estrelas tentando comprenderte en forma de constelación. E cando isto acontece, xa pasou deixándote un recordo, unha suxestión, unha idea de que por un momento fuches un baleiro disposto a todo.

Album Review

NO FORNO… Ano novo, vida nova, propósitos novos? Cheos de tópicos? O clásico de comezar a facer exercicio e comer máis san, sóavos? Cos ximnasios suxeitos a restricións e a fronte polar que lles “impide” madrugar para saír correr, Narci Rodriguez dA Trío aferrouse a gravar un menú saudable, con cadencia real e acordes sen procesar que teñen pensado servir nunha vaixela de bambú ecolóxico. Seis días despois, aí os están, Narci Rodríguez, Ilmarto e Zalo Rodríguez contemplando a súa obra gastrosonora: un par de pizzas de queixo de cabra con cebola acaramelada, tres hamburguesas dobres de boi con beicon, cebola crocante e queixo americano, acompañadas pola súa ración de patacas fritidas e cuarteiróns bañadas en ketchup e salsa barbacoa; varias botellas de refrescos lixeiros (para contrastar melodías!) e cuncos con aperitivos salgados completan a mesa. Soa ‘Fatty Groove’! Actualmente en proceso de “pulido e encerado”, “Inmersión no baleiro cuántico” é esa nova carta saudable que o trío está a piques de publicar… mentres agardamos, dA Trío xuntouse con Pablo Castanho e DJ Mil para ofrecernos a primeira, e derradeira?, “gochada” do ano. Que as graxas vos acompañen… e o roscón tamén. Fame de Música #NoForno #ACulturaSegue
- - Galician Tunes
Aceptas as cookies deste sitio web?   
Privacidad