Quería gravar un disco así, sinxelamente bossa nova.
Levaba tempo argallando na miña cabeza o rexistro de cancións que acompañáronme durante os tempos de aquí e de acolá, Brasil, Galiza, Portugal…
Cancións inspiradas no xeito dos mestres, dos sambas antigos e os non tan antigos, das miñas vivencias, da miña música que nunca se desapegou deste estilo, de min … E volas ofrezo agora a vos con toda a humildade.
Agradezo os amigos, aos compañeiros, aos mestres e os músicos con que teño o pracer de compartir música, a miña familia, a quen estivo aí durante a gravación apoiando, gravando, prestando ,a quen deseñou, a quen o está escoitando, ao meu amor, a todos e a todas sen distinción, grazas de corazón.